Saltar al contenido
- 1902 : Nace en Allariz (Ourense)

- 1919: Empeza a facer fotos, cando aproba o Bacharelato en Ourense, e o seu pai lle regala unha cámara fotográfica. Estudia dereito en Salamanca. Amizade con Don Miguel de Unamuno. Entra en contacto coa Revista de Occidente
- 1921: Faille fotos as suas irmáns. Comeza a publicar algunhas
reportaxes como afeccionado en Vida Gallega sobre Allariz e a Festa do Boi en Allariz
- Empeza a fotografar por terras de Salamanca :La Alberca,Candelario, Peña de Francia…
- 1932: Realiza as series etnográficas da romaría de San Vitoiro (Allariz), dos oleiros (Niñodaguia), de beiramar (Rias Baixas Galegas), da malla (Paicordeiro e San Salvador dos
Penedos no concello de Allariz), os carros e as feiras. Nestas series podemos apreciar a vinculación coa nova linguaxe das vangardas fotográficas.
1932: Publica o libro 50 Fotos de Salamanca con limiar de Miguel de Unamuno. Libro tirado en 120 exemplares,
realizados con fotografías pegadas directamente sobre as follas.
- 1934: Realiza para a revista Cruz y Raya a serie de retratos de
Miguel de Unamuno en La Flecha en Salamanca.
- 1935: Retrato do seu amigo Benjamin Jarnés ( Febreiro). Publica diversas fotos en Ahora, Mundo Gráfico, Mundial , Estampa e Atalaya. Publica en La Nación de Buenos Aires a reportaxe sobre as Romarías Galegas para
ilustrar un artigo de Eduardo Blanco Amor.
- Exposición no Circulo de Bellas Artes de Madrid.
- Exposición en Paris no Office National Espagnol de Tourisme.
- Casa con Mary Santiago Mirat en xuño de 1935
- 1936: Participa na rodaxe de El cura de Aldea de Francisco Camacho para a compañía CIFESA por terras de Salamanca en Villanueva de Yelte.

- A compañía CIFESA encárgalle facer catro documentais sobre mariñeiros, oleiros, canteiros, e feirantes. Na primavera do mesmo ano empeza a facer a película de Mariñeiros por terras do Morrazo e de Rianxo.
- Paralelamente realiza a serie fotográfica de Mariñeiros que posiblemente empece ao mesmo tempo que rodada o documental.

- En decembro deste ano, a piques de rematar a película de Mariñeiros, ten que exiliarse na Arxentina por mor da Guerra Civil Española. Sae por Lisboa no mesmo barco que Manuel Colmeiro e segundo certas testemuñas tamén con Maruja Mallo
- 1937: Remata a película de Mariñeiros en Arxentina e a estrea en 1938.

- Primeira exposición en Amigos del Arte conxuntamente con Manuel Colmeiro e Clemente L. Pasarón
- 1938: Primeiros anos en Arxentina dedicados ao cine. Empeza a realizar unha serie de 26 películas segundo certas testemuñas.
- Escribe o guión de película: Marineros y tiburones.
- Empeza a facer fotoxornalismo traballando para La Prensa de Buenos Aires.

- Publica varias fotos na Revista Cine Graf e Atlántida (Arxentina).
- 1940: Nestes anos retrata ao Biólogo Pio del Río Hortega exiliado , como él na Arxentina
- 1942: Publica Nieve en la Cordillera. Libro de fotos publicado en ocogravado en Buenos Aires, con un texto seu e dedicado a súa muller Mary e co Vitor da Universidade de Salamanca.
- Obtén pola película Malambo o Condor Académico, premio da Academia de Artes y Ciencias Cinematográficas da Arxentina . Ingresa na Academia.
- Exposición de Estampas de Artistas Gallegos organizada

- por la Comisión Cultural Gallega auspiciada por el Centro Orensano y la Irmandade Galega
- 1944: Publica algunhas fotos na revista da Real Sociedad Fotográfica de Madrid con texto de Juan Francés.
- 1945: Exposición de fotografías: O mar e o home nas costas galegas na galeria Van Riel (Buenos Aires)
- 1946: Foto de Rafaél Alberti dedicada a José Suárez e tamén dun soneto dedicado a él: A la gracia

- 1949: Retrato de Emile Allais no inverno no Portillo en Chile
- 1950: Instálase en Punta del Este.Traballa para El Día de Montevideo. Abre unha librería na súa casa El Yelmo deMambrino.
- Por estas datas fotografía a Delia Garcés posiblemente nas praias de Punta del Este e a Ramón Pérez de Ayala por terras de Punta Arenas
- Durante os anos de exilio inicia relacións de amizade con intelectuais do exilio como: Luis Seoane, Nuñez Búa,
Alejandro Casona, Rafael Alberti, Margarita Xirgú, Maruja Mayo, José Bergamin, Ramón Perez de Ayala, Manuel Colmeiro, Laxeiro, Luis Tobío, Jesús Canaval, os Irmáns Villaverde, Gori Muñoz e a súa muller Carmen Antón ( actriz de La Barraca fundada por Federico García Lorca….e coincide en tertulias con Castelao….
- Publica en Galicia Emigrante.
- 1952: Retrato de Alejandro Casona en Punta del Este.
- 1953: Carta de Ramón Pérez de Ayala en agosto, antes da súa viaxe ao Xapón. Primeira viaxe ao Xapón como corresponsal de La Prensa e de El Día.

- Fica un ano e medio no Xapón onde realiza diferentes series fotográficas sobre ese país, interesándose principalmente pola cultura xaponesa.
- Retratos do actor Sessue Hayakawa, e dos pintores Shinsui Ito e Taro Okamoto
- 1954: Publica fotos na 3ª edición da Guía de Galicia de Otero Pedrayo da Editorial Galaxia
- 1955/56: De volta a América dita conferencias e realiza exposicións sobre a vida e a arte no Xapón, en Amigos del Arte en Montevideo.
- Presentación de diferentes textos de teatro Noh xaponés.
- Publica en LIFE (segundo as súas testemuñas) e U.S. Camera.
- 1957: Exposición sobre o Xapón: Vislumbre do Xapón en Amigos del Arte en Bos Aires.

- 1959: Retorna a Galicia. Retrata a súa familia
- 1960: Segue como corresponsal de La Prensa publicando entre 1960 e 1971 sesenta e unha reportaxes fotográficas neste xornal (Virginia Woolf, A. Kurosawa, Acrópolis Grega etc…). Viaxa por España e todo Europa.
- Nos anos 60 volve a entablar relación coa súa muller Mary en Salamanca pero non dura moito tempo
- 1961: Debuxo de Rafael Alberti no que inclue os primeiros versos de Marinero en Tierra, unha clara alusión as fotos de Mariñeiros
- 1962: Publícase a Historia de Galicia dirixida por Otero Pedrayo (Buenos Aires). Colabora coas súas fotografías na parte gráfica, a petición do seu amigo Luis Tobio.
- 1963: Foto dedicada de Lorenzo Domínguez en Mendoza
- 1965: Realiza a serie sobre La Mancha que responde ao

proxecto de documentar a ruta que percorrera o Quixote na novela de Cervantes.
- 1966: Para o Libro The Life and Death of the Fighting Bull encarregado pola Editorial Cassell de Inglaterra con prólogo de J.Marks, fotografía a festa dos touros.
- 1967: Instálase en Galicia. Primeiro en Allariz e despois no Hotel Miño de Ourense onde mantén tertulias cos seus amigos, Eduardo Blanco Amor e Carlos Casares entre outros. Pasa unha temporada en Vilagarcía de Arousa en compañía da Familia Villaverde
- Deixa de consagrarse a fotografía.

- Últimas exposicións da serie Mariñeiros na Sala de Arte da Caixa de Aforros Municipal de Vigo e no 1971 no Museo Arqueolóxico de Ourense.
- Amizade con Saturnino Rego a que coñecera en Manzaneda practicando esquí.
- 1974: Morre en A Guarda, Galicia.
- 1977: Exposición en a Casa do Brasil. Madrid.
- 1979: Exposición sobre o Xapón en Brest (Francia).
- 1981: Publícase o libro Galicia, Terra, Mar e Xentes en Edicións Xerais de Galicia.

- 1984: A súa obra é incluida na exposición colectiva Idas e Caos (Comisariada por Joan Fontcuberta) na Biblioteca Nacional de Madrid así como na 1ª Fotobienal de Vigo.
- 1985: Exponse parte da súa obra en Ollares no Tempo. UIMP de A Coruña.
- 1988: José Suárez 1902-1974. Dentro da 1ª Fotobienal de Vigo
- 1992: Obra na Exposión Tiempo de Silencio. Panorama de la fotografía española de los años 50‑60.
- 1993: Exposicion de Tiempo de Silencio no Palais de Tokio . Paris.
- Exponse a súa obra na Sala de Caixa Galicia de A Coruña.

- Publicase na serie Álbum o libro José Suárez. Centro de Estudios Fotográficos.
- 2004:Variaciones en España. Fotografía y arte 1900-1980. Museo MARCO de Vigo
- 2005: A Galicia Moderna 1916- 1936. Xunta de Galicia.Centro Galego de Arte Contemporánea
- 2011: El Movimiento de la Fotografía obrera-1926-1939. Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.
- 2015: José Suárez: Uns ollos vivos que pensan. Xunta de
Galicia.Cidade da Cultura de Galicia. Museo Centro Gaias.
- 2016: José Suárez: Unos ojos vivos que piensan. Instituto Cervantes. Madrid
- 2016: José Suárez: Unos ojos vivos que piensan. Centro Cultural Borges. Buenos Aires
- 2017: José Suárez: Unos ojos vivos que piensan. Centro Cultural de España. Montevideo
- 2017: José Suárez: L’oeil qui pense. Instituto Cervantes. París
- 2017: José Suárez: Unos ojos vivos que piensan. Instituto Cervantes. Tokio
- 2017: José Suárez: Unos ojos vivos que piensan. Instituto Cervantes. New Delhi

- 2018: José Suárez: Unos ojos vivos que piensan. Xunta de Galicia.Hospedería Fonseca. Universidade de Salamanca
- 2018: José Suárez: Uns ollos vivos que pensan. Xunta de Galicia.Museo de Belas Artes. A Coruña
- 2018: Mariñeiros. CDIS. Universidade Menéndez Pelayo. Santander

- 2019: José Suárez : La Mancha. Concello de Campo de Criptana
- 2021: José Suárez.1902/1974.Museo de Pontevedra